O Concello

Departamentos

* BENESTAR EN BALNEARIOS 04/04/2013

BENESTAR EN BALNEARIOS

Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios” da Xunta 2013

Requisitos:

  1. Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista.
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais
  4. Precisar o tratamento termal solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción
  5. Ter uns ingresos persoais mensuais inferiores a 763,61 €
  6. Ter no prazo que se estableza, achegada a solicitude xunto coa documentación requirida, acadada a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado e, ter aceptada a praza e feito o pagamento do prezo estipulado.
Documentación:
 
-Fotocopia do DNI do solicitante, do cónxuxe ou acompañante se procede (SÓ no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta).
-No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, achegarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Prazo e lugar de solicitudes:
Ata o 12 de abril de 2013 nas dependencias de Servizos Sociais, Igualdade, Saúde e Deportes do Concello.

Descargas relacionadas


© by Abertal