Ampliación do prazo para anotarse ás probas de galego Celga 1, 2, 3 e 4
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 22 de marzo polo que se amplía o prazo para presentar solicitudes e aboar taxas para as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
O novo prazo é ata o día 8 de abril de 2013 (inclusive).
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130322/AnuncioG0164-110313-0002_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------O vindeiro 3 de abril (inclusive) remata o prazo para anotarse ás probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. As ditas probas foron convocadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2013)
Destinatarios / as:
- Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2013, nacionais ou estranxeiras.
Prazo de inscrición:
- Ata o 3 de abril de 2013 (inclusive)
Datas de realización das probas:
- Celga 1: 9 de xuño de 2013
- Celga 2: 2 de xuño de 2013
- Celga 3: 8 de xuño de 2013
- Celga 4: 1 de xuño de 2013
Se o número de aspirantes non permite rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a comisión de avaliación continuará con elas no día seguinte.
Contía das taxas de exame: 15,61 €
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130116/AnuncioG0164-070113-0003_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00