O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, realizará o vindeiro 20 de marzo outra edición do curso sobre curriculum e cartas de presentación dado que o número de persoas demandantes deste curso o pasado 27 de febreiro superou a oferta de prazas quedando algunhas persoas en lista de agarda.
Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.
Data: 20 de marzo
Horario: 10:00 – 13:30
Lugar: Aula de informática do Centro de Iniciativas empresariais (pegado ó Centro de Saúde)
Para poder participar no curso é obrigatorio inscribirse con anterioridade ca orientadora laboral de luns a venres de 8:00 a 15:00, presencialmente na Casa de Pedra ou nos teléfonos 981737004 - 653260746 ou a través dun email a mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
--
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004 - 6653262572 (de 9:00 a 14:00)