DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 07/03/2013
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
PROGRAMA CONMEMORATIVO DO 8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas poñémonos en contacto con vós para informarlles do programa que se vai a levar a cabo relativo ao Día Internacional da Muller no noso concello.
As TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) son unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación. Coa nosa mirada de xénero planeamos as TIC como unha ferramenta estratéxica de visibilidade, para concienciar e sensibilizar, e transformarnos nunha sociedade máis igualitaria.
Para facer posible esa visibilización da que falamos creamos o noso propio perfil nas Redes Sociais:
- Facebook (facebook.com/igualdade.camarinas)
- Twitter (@MullerCamariñas)
- Instagram (@outrolado)
Internet facilitou a creación e expansión de redes de mulleres en todo o mundo có obxectivo de evitar a discriminación de xénero, alcanzar a igualdade real de oportunidades e mostrar esas voces e os saberes femininos habitualmente relegados. Dende a Área de Igualdade temos especial interés en visibilizar redes pola igualdade de xénero, e a súa vez crear a nosa propia rede entre todas as persoas e institucións que están levando a su experiencia e as súas reflexións relativas a igualdade de oportunidades ao mundo 2.0.
Na mesma liña o vindeiro
venres día 15 de marzo realizaremos no centro educativo I.E.S Pedra da Aguia a presentación do
Blog Outro Lado da Área de Igualdade do Concello de Camariñas que ademais do dito anteriormente ten como obxectivo principal ser unha ferramenta fundamental para a denuncia de abusos e estereotipos que non queremos que pasen desapercibidos; así favorecer a toma de conciencia e a sensibilización ante esas discriminacións.
Ademais de dar a coñecer o
Blog Outro Lado, tamén presentaremos a
Concurso Fotográfico “Implícate” na Igualdade, que se levará a cabo por medio das redes sociais e que terá por suposto repercusión no noso Blog. Neste concurso contamos coa colaboración da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
O obxectivo do concurso non é outro que premiar as instantáneas que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade.
Moitas grazas pola súa colaboración Reciban un cordial saúdo Mª del Carmen Linares Chica