A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de marzo de 2013 o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.
Corpo de mestres: 200 prazas
Corpo de inspectores de educación: 22 prazas
Do total de prazas ofertadas para o ingreso reservarase unha cota do 7% do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ó 33 %. A distribución da dita reserva por corpos e especialidades efectuarase na convocatoria das probas selectivas. As prazas que queden vacantes da quenda de discapacidade acumularanse ás convocadas pola quenda libre.
ENLACE Ó DECRETO DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130304/AnuncioG0164-270213-0002_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00