ENTROIDO 2013 31/01/2013
ENTROIDO 2013
CONCURSO DE DISFRACES
Co gallo do Entroido 2013 o Concello de Camariñas organiza o Concurso de Comparsas con dúas modalidades Comparsa Infantil e Comparsa adultos, que se celebrará en Camariñas o martes 12 de febreiro.
A convocatoria deste concurso vai dirixida a tódolos cidadáns que desexen participar conforme ás seguintes:
BASES
- A. CONCURSO DE COMPARSAS INFANTIL
- Poderán só participar nenos/as menores de 16 anos que se inscriban previamente na Biblioteca Municipal, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00h e 16:00 a 18:30. Deberán designar a un adulto como representante.
A inscrición estará aberta ata ás 13:00h do luns día 11 de febreiro do 2013.
- No Concurso de Comparsas Infantil poderán participar todos aqueles grupos que o desexen, debendo estar formados por un mínimo de 5 persoas, cuxos disfraces deberán gardar ente si coherencia e uniformidade.
- Previo ao concurso realizarase unha exhibición das comparsas participantes pola rúas de Camariñas que seguirá o seguinte percorrido: saída da Praza do Concello, ás 16:30h., Avda. da Coruña, Cantón Miguel Feijoo, San Miguel, Rúa Areal, Avda. Eugenio López.
O xurado cualificará positivamente a participación das comparsas neste percorrido
- O concurso de Comparsas Infantil levarase a cabo durante o desenvolvemento do Baile de Disfraces que terá lugar o martes 12 de febreiro do 2013, a partir das 17:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Camariñas. No transcurso do mesmo, o Xurado Cualificador valorará e puntuará a tódalas persoas que acudan disfrazadas, publicándose a súa decisión ó remate do desfile. A resolución do Xurado será inapelable.
- Os membros de Xurado terán en conta ó outorgar as diferentes puntuacións a orixinalidade e harmonía de cada comparsa, a posta en escena, a simpatía na representación dos disfraces sobre o escenario e a participación no desfile previo ao concurso, así como a confección do mesmo con motivos propios do Entroido, sendo a puntuación de 1 a 5 puntos.
- O Xurado entregará os seguintes premios:
1º premio: 80€ 2º premio: 50€ - No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder os premios estipulados no apartado anterior. Pode declarar desertos os premios que non acaden un nivel de calidade axeitado .
8. Finalizado o concurso, procederase á entrega dos premios en metálico ao representante adulto asignado pola agrupación no momento de realizar a inscrición.
9. O importe dos premios será aboado polo Concello de Camariñas con cargo ó seu presuposto.
10. Os membros do Xurado serán designados polo Concello de Camariñas.
Para ampliar información dirixirse á Biblioteca Municipal de Camariñas.
Teléfono 981737234. Email: anamartinez.biblioteca@camarinas.net
- B. CONCURSO DE COMPARSAS ADULTOS
- Poderán participar tódalas persoas a partir de 16 anos, que se inscriban previamente na Biblioteca Municipal, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00h e 16:00 a 18:30h.
A inscrición estará aberta ata ás 13:00 horas do luns día 11 de febreiro do 2013.
- No Concurso de Comparsas Adultos poderán participar todos aqueles grupos que o desexen, debendo estar formados por un mínimo de 5 persoas, cuxos disfraces deberán gardar ente si coherencia e uniformidade.
- Previo ao concurso realizarase unha exhibición das comparsas participantes pola rúas de Camariñas que seguirá o seguinte percorrido: saída da Praza do Concello, ás 16:30h., Avda. da Coruña, Cantón Miguel Feijoo, San Miguel, Rúa Areal, Avda. Eugenio López.
O xurado cualificará positivamente a participación das comparsas neste percorrido.
- O concurso de Comparsas Infantil levarase a cabo durante o desenvolvemento do Baile de Disfraces que terá lugar o martes 12 de febreiro do 2013, a partir das 17:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Camariñas. No transcurso do mesmo, o Xurado Cualificador valorará e puntuará a tódalas persoas que acudan disfrazadas, publicándose a súa decisión ó remate do desfile. A resolución do Xurado será inapelable
- Os membros de Xurado terán en conta ó outorgar as diferentes puntuacións a orixinalidade e harmonía de cada comparsa, a posta en escena, a simpatía na representación dos disfraces sobre o escenario e a participación no desfile previo ao concurso, así como a confección do mesmo con motivos propios do Entroido, sendo a puntuación de 1 a 5 puntos.
- O Xurado outorgará os seguintes PREMIOS:
- Primeiro premio: 350€
- Segundo premio: 200€
- Terceiro premio: 150 €
- No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder os premios estipulados no apartado anterior. Pode declarar desertos os premios que non acaden un nivel de calidade axeitado.
8. Finalizado o concurso, procederase á entrega dos premios en metálico ao representante asignado pola agrupación no momento de realizar a inscrición.
9. O importe dos premios será aboado polo Concello de Camariñas con cargo ó seu presuposto.
11. Os membros do Xurado serán designados polo Concello de Camariñas.
Para ampliar información dirixirse á Biblioteca Municipal de Camariñas.
Teléfono 981737234. Email: anamartinez.biblioteca@camarinas.net
Descargas relacionadas