A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de convocarcursos preparatorios de galego para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Estes cursos preparan ó alumnado para presentarse ás probas oficiais de galego da Xunta de Galicia.
Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 70 horas. As datas de realización serían entre os meses de marzo e maio.
O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicita-los cursos á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposición da Xunta de Galicia, Sergas, prazas nas administración locais…
Si estades interesados / as nos cursos anotádevos na Casa de Pedra na Axencia de Desenvolvemento Local ata o 23 de xaneiro (inclusive) en horario de 8:00 a 15:00.
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130107/AnuncioG0164-020113-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00