No DOG número 186 do 28 de setembro de 2012 publícase unha resolución para a inscrición de aspirantes para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de sanidade nas seguintes categorías:
- Farmacéutico / a de atención primaria
- Odontólogo / a
- Fisioterapeura
- Enfermeiro / a especialista en enfermería do traballo
- Enfermeiro / a especialista en saúde mental
- Terapeuta ocupacional
- Técnico / a superior en documentación sanitaria
- Técnico / a superior en dietética e nutrición
- Técnico / a de farmacia
- Técnico / a coidados auxiliares de enfermería
As persoas interesadas en formar parte das listaxes deberán inscribirse nos modelos formalizados de instancia e a través do curriculo profesional habilitado electronicamente na páxina web www.sergas.es, na epígrafe FIDES/Expedient-e, imprimir o formulario en papel e formalizar o rexistro administrativo.
Na inscrición farase constar expresamente a/as categoría/as á/ás que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo de inscrición.
Prazo de solicitude para a xeración das primeiras listas: persoas inscritas ata o 31 de outubro de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 16 de outubro de 2012.
A partir desta primeira xeración a inscrición será aberta e permanente no sistema informático Expedient-e.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120928/AnuncioG0003-240912-0005_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=66001
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00