O Concello

Departamentos

* XOVES DE CAMARIÑAS VISITARÁN FORLÍ 12/09/2012

XOVES DE CAMARIÑAS VISITARÁN FORLÍ

O ano pasado o Alcalde de Camariñas logrou que o Concello entrara nun programa europeo chamado YPAD. O obxectivo do programa consistiría intercambiar boas prácticas entre os municipios socios en temas tan importantes para a xuventude como o desemprego, a formación e o autoemprego.

O Concello fixo unha chamada a tódolos xoves do municipio que estiveran interesados e souberan falar inglés. Foi así como naceu o grupo formado por catro rapaces (Cristina, Silvia, Isabel e Jose) organizados técnicamente polo ADL Emilio González e políticamente por min.

O xoves 6 de setembro o grupo volvemos a reunirnos para falar do próximo evento que terá lugar en Forlí (Italia) e tratará sobre como as administracións poden apoiar aos xoves con boas ideas.

Financiado por Europa, o grupo formado por Silvia, Jose, Isabel, Emilio e eu viaxaremos do 24 de setembro ao 27. Nesas datas en Forlí ademais haberá unha feira sobre cooperativismo, pois o municipio italiano está orgulloso de ser o centro do cooperativismo en Italia.

O evento consistirá en visitas de estudio, traballos en grupo e conferencias.

O luns 24 teremos recibimento e un tour polo concello.

O seguinte día versará sobre a educación e o emprendemento. Visitaremos unha cooperativa de xente xove, veremos un exemplo da cultura de innovación e teremos unha reunión de coordinación.

O mércores 26 veremos unha fábrica, un centro para a innovación e desenvolvemento económico, un viveiro de empresas e falaremos sobre as diferentes maneiras que temos para axudar á xente xove.

E finalmente o último día falaremos sobre outros proxectos europeos e despedirémonos. Despois de Forlí a próxima reunión será en xaneiro e en Ferrol. Finalmente a última reunión serán en Maio en Camariñas onde se expoñerán os resultados deste programa de mans de tódolos xoves que participaron.  

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local
Concello de Camariñas.


© by Abertal