OFERTAS DE EMPREGO - CONCELLO DE CAMARIÑAS
O Concello de Camariñas tramitará a partir do 30 de agosto e a través da oficina de emprego de Cee ofertas de emprego pertencentes ó programa de cooperación subvencionado pola Xunta de Galicia.
-Técnico / a medioambiental (1 praza).
Requisitos: Persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego na ocupación Técnicos en medio ambiente 31291189. Categoría: 30 (xefes de equipo). Posuír unha titulación relacionada co sector medioambiental
-Peón / oa (4 prazas). Requisitos: Persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego na ocupación Peóns de obras públicas, en xeral 96011029. Categoría: 80
Atención: A preselección de candidatos realizaraa o Servizo Público de Emprego de Galicia a través dun sistema informático. Podes comprobar os teus códigos de ocupación na oficina de Orientación Laboral na Casa de Pedra (981737004) antes do día 30. Para modificalos será necesario ir a Cee.
Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas.
Casa de Pedra. Praza Insuela s/n 15123 Camariñas
Tel: 981737004 Fax: 981736199
e-mail: mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
Sergio Caamaño Fernández
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local
Concello de Camariñas.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Admidos na selección de 4 peóns e 1 técnico de medio ambiente.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e considerando que ningún dos solicitantes ten sido excluido apróbase a lista definitiva de aspirantes admitidos/as para a contratación laboral temporal de 4 peóns e 1 técnico de medio ambiente.
Convócase aos aspirantes a técnico de medio ambiente para o próximo xoves día 20 de setembro de 2012 ás 10:00 provistos do seu DNI para a realización da entrevista.
Convócase aos aspirantes a peóns para o próximo venres día 21 de setembro de 2012 ás 9:00 provistos do seu DNI para a realización da entrevista.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Actualización: 18/09/2012
Hoxe publicouse no taboleiro do concello o listado cas valoracións de méritos dos candidatos/as á oferta de emprego de técnico de medio ambiente.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Actualización: 19/09/2012
Hoxe publicouse no taboleiro da Casa Consistorial a lista cas valoracións dos méritos dos candidatos/as á oferta de emprego de 4 peóns para o Concello de Camariñas e que se pode descargar aquí mesmo.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Actualización: 21/09/2012
Resultados do concurso.
O tribunal cuallficador das probas selectivas para a contratación laboral temporal dun técnico de medio ambiente fai público o resultado das puntuación obtidas polos participantes no proceso.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Actualización: 24/09/2012
Resultados do concurso.
O tribunal cuallficador das probas selectivas para a contratación laboral temporal de catro peóns fai público o resultado das puntuación obtidas polos participantes no proceso.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------