O Concello

Departamentos

* CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL (PLADIGA) 12/04/2012

CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL (PLADIGA)

Calendario de probas físicas e de agudeza visual para determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Plan de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga)


Convócanse as probas físicas para as persoas das listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

Lugares de celebración:

A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto; rúa Alcalde Sanjurjo, s/n.
      
Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras); rúa Filarmónica Lucense s/n.       
Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas  s/n.       
Pontevedra: Pavillón Municipal dos Deportes  r/ Juan Manuel Pintos s/n.

Horario: Comezarán ás 8:30

Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas.

Os que teñan domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar
DATA                           APELIDO

23 ABRIL 2012       A-B-C-D

24 ABRIL 2012       E-F-G-H-I

25 ABRIL 2012      J-K-L-M-N-Ñ

26 ABRIL 2012      O-P-Q-R

27 ABRIL 2012      S-T-V-W-X-Y-Z 


Máis información:    
   
Consellería do Medio Rural e do Mar
   http://mediorural.xunta.es/nc/areas/forestal/incendios_forestais/probas_persoal_pladiga/  

Resolución do DOG:      
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120411/AnuncioG0165-040412-14430_gl.pdf
 

ou Orientadora Laboral Casa de Pedra 981 73 70 04
de 8:00 – 15:00


Descargas relacionadas


© by Abertal