O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 27/03/2012

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar  abriu a convocatoria do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral de determinadas unidades de competencia da cualificación profesional de Cubertas inclinadas (EOC580_2) da familia profesional de Edificación e obra civil.(DOG 26 de marzo de 2012) 

Unidades de competencia convocadas:

·         UC1910_2 Construír a cobertura con tella e lousa
·         UC1911_2 Organizar traballos de cibertas e impermeabilizacións
·         UC1360_2 Controlar a nivel básico riscos en construción 

Requisitos:

 ·         Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
·         Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
·         Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
Ø  Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
Ø  Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que contemplen unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes. 

Prazo:
20 días naturais, desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG (26/03/2012) 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120326/AnuncioCA05-160312-13625_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional
 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO       
CASA DE PEDRA    981 73 70 04
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     


© by Abertal