O Concello

Departamentos

* O servizo de orientación de Camariñas realiza no 2011 máis de 200 orientacións 09/03/2012

O servizo de orientación de Camariñas realiza no 2011 máis de 200 orientacións

O servizo de orientación do Concello de Camariñas realizou no 2011 máis de 200 orientacións laborais, así como 34 itinerarios personalizados de inserción con 93 entrevistas de seguimento. Xestionáronse ofertas de emprego para 29 postos de traballo.

Ademais contamos cun punto de información dixital da Xunta de Galicia no que se pode renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego así como consultar a través do portal de emprego da Xunta de Galicia os cursos ofertados pola propia xunta e as ofertas tramitadas dende o SPEG.  

Durante o ano pasado realizamos:

154 curriculums para a súa presentación a empresas

80 listaxes de empresas para busca de emprego

123 solicitudes para ofertas públicas das que se realizou o asesoramento na súa tramitación: listas de vinculacións temporais da Xunta de Galicia, listas por categorías previas da empresa pública Seaga, proceso selectivo da Agencia Tributaria para a Campaña da Renta, listas temporais do Servizo Galego de Saúde e rexistro no expediente-e, contratacións temporais para a administración local...

78 solicitudes para a tramitación de recursos de competencia profesional: cursos de prevención de riscos laborais, tarxeta profesional da construción, curso Celga, convocatoria de exames oficiais Celga convocados pola Xunta, certificados de profesionalidade, acreditación de competencias profesionais, competencias clave…  

Dispoñemos ademais dun taboleiro de emprego e formación nas dependencias municipais da Casa de Pedra no que se poden consultar diferentes convocatorias, a través da páxina web municipal www.camarinas.net  e no facebook  www.facebook.com/adlcamarinas


© by Abertal