A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2012.
Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2012 (nados entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.
Contía: un pagamento único de 360 € por cada un dos fillos menores de 3 anos.
Requisitos:
- Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.
Documentación:
- Solicitude segundo o modelo oficial (anexo I) e, os anexos II, III e IV.
- Copia do DNI dos pais, só no caso de non dar autorización a Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas os datos dos seus DNI.
- Copia do todas as follas do libro de familia.
- Fotocopia da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
- Volante de empadroamento colectivo da persoa solicitante expedido polo Concello. *Se xa recibiu a axuda no ano 2011 non lle fai falla.
Importante:
Se o solicitante xa recibiu a prestación no ano 2011, só terá que enviar a solicitude (Anexo I) debidamente asinada e, sempre e cando se manteñan as mesmas circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación.
Prazo: 26 de marzo de 2012.
Para máis información nos Servizos Sociais
ou chamando ao telef.: 981-73 70 04
Camariñas, 16 de febreiro de 2012
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde,
Mª Carmen Linares Chica