As persoas que vos anotastes nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG 28/10/2011) xa podedes consultar as listas provisionais de admitidos/ as e excluídos /as nas seguintes categorías:
- Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico superior en radioterapia
- Técnico superior en hixiene bucodental
- Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico
- Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
As persoas excluídas podedes consultar as causas de exclusión no voso expediente-e na epígrafe de procesos.
Dispoñedes dun prazo de dez días hábiles, contados desde o 16/02/2012 (publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia 15/02/2012) para emendar a documentación declarada co estado de incompleta (DI), que podedes consultar na epígrafe correspondente do expediente-e, así como posibles erros materiais.
Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación da lista definitiva de excluídos / as e admitidos / as co resultado da baremación aplicada ás persoas admitidas.
As persoas que non aparecen na relación de admitidos / as e excluídos / as é porque a súa inscrición se formalizou con posterioridade ó día 30/11/2011, polo que sairán na seguinte xeración da lista tal como se recolle no pacto de selección de temporal.
RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120215/AnuncioG0003-100212-12101_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 7004
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00