O Concello

Departamentos

* CONSTITUCIÓN DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE NO CONCELLO DE CAMARIÑAS e FIRMA DO PROTOCOLO EN VIOLENCIA DE XÉNERO 22/12/2011

CONSTITUCIÓN DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE NO CONCELLO DE CAMARIÑAS e FIRMA DO PROTOCOLO EN VIOLENCIA DE XÉNERO

 Onte tivo lugar no concello de Camariñas a Constitución da Xunta Local de Seguridade que ten como obxectivo principal facilitar unha eficaz coordinación  e cooperación entre forzas e corpos de seguridade que exercen as súas funcións dentro do municipio. É importante pois non só constitúe un órganos de coordinación operativa senón tamén informativa, facilitando cauces de canalización que permitan a colaboración dos sectores sociais e institucionais afectados na correcta planificación  da seguridade pública.

Dentro da orde da constitución da xunta Local de seguridade, firmouse a adhesión ao “Protocolo de  colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do estado e os corpos da policía local para a protección das VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO”  

A adhesión a este protocolo facilitará e favorecerá de maneira importante a colaboración entre a garda civil, policía local, Área de Igualdade e os servizos sociais do concello para realizar unhas actuacións da maneira máis integral  e coordinada na problemática da violencia de xénero.

Cabe salientar que dende a Subdelegación do goberno en materia de violencia de xénero, Mª del Pilar González Díaz, incidiu no bo traballo que se está a realizar xa dende fai tempo no noso concello en materia de igualdade de oportunidades e eliminación da violencia de xénero.  

A esta convocatoria asistiron ademais do alcalde e concelleiras e concelleiros:

· Subdelegado do Goberno en Galicia:  Don xosé Luis Usieda Somaza.
· Subdelegada do goberno en materia de Violencia de Xénero: Dona Mª del Pilar González Díaz
· Teniente Xefe Accidental da garda Civil de Carballo: Xosé Casas Suárez
· Inspector Xefe da Unidade do C.N.P adscrita a Xunta de Galicia: Don Vicente carballo González
· Sarxento da Garda Civil de Camariñas: Pablo Rodriguez Martínez
· Cabo 1º do posto da Garda Civil de Camariñas: Fernando López Barrero
· Polícia Local: Don Luis Carreira Martínez    


Mº Del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, igualdade e saúde


© by Abertal