Do 6 ao 8 de decembro a sede móbil do Centro de Coñecemento da Costa da Morte estará en Camariñas.
No paseo marítimo, ao lado da caseta de información turística, poderemos informarnos sobre o propio Centro de Coñecemento.
Dentro das actividades que se organizarán atópase unha pequena obra de teatro que se realizará tódolos días ás 5 da tarde no paseo marítimo.
O horario de apertura será de 11:30 a 13:30 e de 15:30 a 18:30.
Este proxecto está organizado pola Asociación Neria. Colabora o Concello de Camariñas.
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo, desenvolvemento empresarial, mar e traballo.Concello de Camariñas.