A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 30 de novembro de 2011 a Resolución da Dirección Xeral da Formación e Colocación pola que se realiza a convocatoria pública do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Cualificacións profesionais nas que está aberto o prazo en decembro:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Confección e mantemento de artes e aparellos (pesca)
Requisitos:
- Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou autorización de residencia en vigor.
- Ter 20 anos ou máis
- Experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada
Prazo: 31 de decembro
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111130/AnuncioCA05-241111-9139_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional