Como xa vos anticipábamos hai unhas semanas continúan abrindo categorías para as listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde. As listas irán abrindo en distintos prazos segundo as categorías.
Como se recolle do DOG número 227 do 28 de novembro de 2011, podedes presentar solicitudes desde o 1 de decembro de 2011 ata o 15 de xaneiro de 2012 nas seguintes categorías:
- Grupo auxiliar da función administrativa
- Persoal de servizos xerais
- Celador / a
Lembrade que continúan abertas ata o 30 novembro de 2011 as seguintes categorías:
- Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico superior en radioterapia
- Técnico superior en hixiene bucodental
- Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico
- Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico
Tede en conta que é obrigatoria a inscrición electrónica no novo sistema informático expediente-e profesional para poder anotarse nas listas.
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=66001
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 7004
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00