O Concello

Departamentos

* PROCESO SELECTIVO AGENCIA TRIBUTARIA PARA COBERTURA TEMPORAL AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN E INFORMACIÓN PARA A CAMPAÑA DA RENTA 22/11/2011

PROCESO SELECTIVO AGENCIA TRIBUTARIA PARA COBERTURA TEMPORAL AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN E INFORMACIÓN PARA A CAMPAÑA DA RENTA

A Agencia Estatal de Administración Tributaria convoca proceso selectivo para constituír unha relación de candidatos para a cobertura temporal de postos de persoal laboral fixo descontinuo da categoría profesional de auxiliar de administración e información para campaña de Renta, suxeito ó convenio colectivo do persoal laboral da Agencia Tributaria. 

Titulación:
estar en posesión ou en condicións de obter o título de Graduado Escolar, Bacharelato Elemental, Ensinanza Secundaria Obrigatoria – LOGSE, Formación Profesional de Primeiro Grao ou equivalentes. 

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou convalidación, no seu caso.   

Idade:
ter dezaséis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. 

Prazo:
20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria nos taboleiros de anuncios dos Departamentos, Servizo, Delegacións Especiais e Delegacións da Agencia Estatal de Administración Tributaria, así como no enderezo de internet www.agenciatributaria.es (“Empleo Público”). 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR


http://www.agenciatributaria.es


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal