O Concello

Departamentos

* APERTURA DALGUNHAS CATEGORÍAS DAS LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 10/11/2011

APERTURA DALGUNHAS CATEGORÍAS DAS LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Como xa vos anticipábamos hai unhas semanas estaba prevista a apertura das listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde. As listas irán abrindo en distintos prazos segundo as categorías. Se vos interesa anotarvos permanecede atentos á páxina web do Servizo Galego de Saúde ou á web municipal nas que podedes consulta-las distintas categorías e prazos a medida que vaian abrindo. 

Podedes presentar solicitudes dende o día 2 de novembro ata o 30 novembro de 2011 nas seguintes categorías: 

-      Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía
-      Técnico superior en radioterapia
-      Técnico superior en hixiene bucodental
-      Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico
-      Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico  

Lembrade que é obrigatoria a inscrición electrónica no novo sistema informático expediente-e profesional para poder anotarse nas listas. 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=66001


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal