O Concello

Departamentos

* O Museo do Encaixe xa forma parte da “Homo Faber Guide” 21/07/2021

O Museo do Encaixe xa forma parte da “Homo Faber Guide”

  • O Museo do Encaixe xa forma parte da “Homo Faber Guide”, unha guía dos museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía
  • Pode visualizarse a través da plataforma dixital https://www.homofaberguide.com/en/visit/visit-camari-as-lace-museum
  • A finais do ano pasado realizouse un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitilo á Michelangelo Foundation, creadores da guía.  

O Museo do Encaixe de Camariñas xa formar parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que seleccionou o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.  

Toda a información sobre o espazo museístico camariñán e imaxes do que poderán atopar nel os visitantes está xa dispoñible na páxina web da guía, a través da seguinte ligazón: https://www.homofaberguide.com/en/visit/visit-camari-as-lace-museum  

A finais do ano 2020 o Concello de Camariñas estivo levando a cabo un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á Michelangelo Foundation, creadores da guía.  

O proxecto https://www.homofaberguide.com/ ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e a aqueles museos, galería, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas  dentro da comunidade. É unha plataforma moi atractiva visualmente, na que cada referencia ou institución ten a súa propia páxina con fotos, texto sobre a súa actividade e datos útiles (localización, horarios, etc.).  

“Continuamos co noso proceso de internacionalización do encaixe a través da inclusión do museo neste proxecto” destacou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, que explicou que “queremos que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado”.  


Homo Faber
 

A Michelangelo Foundation é unha institución internacional dedicada a impulsar a artesanía e o deseño. No 2018 organizou por primeira vez o encontro de artesanía ‘Homo Faber’, único das súas características, que exhibiu obras de máis de 400 artesáns e deseñadores europeos. Este ano tería que celebrarse en Xapón a segunda edición, que se tivo que pospor a 2021 debido á expansión da COVID-19.


© by Abertal