O Concello

Departamentos

* O encaixe de Camariñas vestirá as pezas de “Filomena”, a nova exposición de Rocío Utray 14/07/2021

O encaixe de Camariñas vestirá as pezas de “Filomena”, a nova exposición de Rocío Utray

  • A mostra recolle os troncos que o furacán deixou tras de si en Pozuelo de Alarcón.
  • O Museo do Encaixe acollerá o vindeiro luns, 19 de xullo ás 12.00 horas, a inauguración. As persoas interesadas poderán visitala ata o 16 de agosto.  

Converter en arte os danos dun furacán semella difícil, pero iso é o que pretende Rocío Utray, a autora da exposición ‘Filomena’, cuxa inauguración terá lugar o luns no Museo do Encaixe. Precisamente, o encaixe de Camariñas estará moi presente nesta mostra, e vestirá os troncos que o furacán Filomena deixou tras de si en Pozuelo de Alarcón.  

O traballo de Utray verá a luz o vindeiro luns, 19 de xullo, ás 12.00 horas. As persoas interesadas en visitala poderán achegarse ata o 16 de agosto no horario de atención ao público (de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas).  

Ao acto inaugural acudirán a alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, e a edil de Igualdade, Begoña Tajes, ademais da propia comisaria de ‘Filomena’.


© by Abertal