O Concello de Camariñas presentará mañá, venres 9 de xullo, ás 10:30 horas na aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe o proxecto ‘Camariñas Explora’, unha iniciativa de dinamización turística vinculada ao deporte a través da que se propoñen 20 rutas sinalizadas co obxectivo de dar a coñecer boa parte do territorio e situarse como destino seguro.
Confirmaron a súa asistencia ao acto a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; a directora de Agader, Inés Santé; a presidenta do CMAT, Mónica Rodríguez; e a presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas, Olga Campos.