O Concello

Departamentos

* O I torneo de Xadrez Concello de Camariñas sub2200 reparte 1.000 euros en premios 07/07/2021

O I torneo de Xadrez Concello de Camariñas sub2200 reparte 1.000 euros en premios

  • No campionato, encadrado dentro do campamento de verán, participaron 49 xogadores, sendo valido para Elo FIDE e FEDA.  

Os días 3 e 4 de xullo disputouse o I Torneo  Concello de Camariñas  sub2200, un torneo válido para  Elo FIDE e  FEDA con 6 roldas e que repartiu 1.000€ en premios máis trofeos. O torneo estaba encadrado dentro do campamento de verán que tivo lugar en Camariñas, desde o día 28 de xuño e ata o domingo día 4 cun total de 17 participantes.  

No torneo participaron un total de 49 xogadores, destacando os favoritos Alberto  Eyo e o MF Dan Cruz, de lugares moi dispersos como Ponferrada, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ames, Santiago, Pobra do Caramiñal, Cambre, Coruña, Arteixo, Carballo, Muxía e Camariñas, seguíronse os protocolos aprobados para o COVID-19 sen incidencias.  

A emoción mantívose ata o final da rolda 6, coas 4 primeiras mesas loitando pola vitoria e 3 delas decididas nos apuros de tempo, á última rolda chegaba líder Fran Pedreira con medio punto de vantaxe sobre 7 xogadores, tocáballe enfrontarse a Eyo nº1 do ranking, a partida estivo moi disputada e nalgún momento parecía que Pedreira podía gañar ou mínimo táboas, pero no final o xogador do Karpov de Pontevedra Alberto Eyo impúxose conseguindo 5 puntos e o 1º posto por mellor desempate.  

O  MF Dan Cruz do Fontecarmoa de Vilagarcía quedaba 2º tras vencer, non sen apuros, a Jose Sar, 3º quedou Heriberto Rubial do Alzheimer Bierzo tras vencer a Jose Otero os 3 con 5 puntos, 4º quedaba Fran Pedreira de Sigrás, 5º Nicolas Jato do Alzheimer Bierzo, 6º Antón Quintás da USC que se conformou con táboas en posición gañadora, ao non ver que tiña cuberto un xaque do rival Jato, o que lle privou de ser 3º, 7º Victor Carro do Alexandre Bóveda e 8º David Cernadas do  Marquiño todos con 4,5 puntos.  

Completaron os premiados da xeral 9º Jose Otero de Sigrás e 10º Pedro Varela de Ames xogador sub-14 e participante no campamento que tivo un torneo excelente. 1º sub2000 foi para Carmen  Menéndez do Alzheimer Bierzo, 1º sub1600 Jose Sar do Cabo Touriñán, 1º veterano Anthony  Gonsalves do Xiria Carballo, 1ª feminina Uxía  Marrozos do Xiria Carballo, 1º sub18 Iván Muñoz do Amorne de Ponferrada, 1º sub16 Sergio Vilacoba do Xiria Carballo, 1º sub14 Noel Casares de Ames, 1º  sub12 Daniel Méndez de xadrez Arteixo, 1º sub10 Sergio Calvo de Ames, 1º sub8 Daniel  Manrique do xadrez Ourense. Os mellores locais foron 1º Marcos Martínez 17º, 2º Fernando Pablos 24º e 3º Alberto Luaces 45º.  

A clausura acudiron o concelleiro de Deportes Fabián Canosa e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que foron os encargados de repartir os premios mostrando o seu apoio ao torneo e ao campamento e a fomentar a práctica do xadrez no  concello, que acollerá en outubro un torneo de rápidas do circuíto intercomarcal dentro das actividades da Mostra  do  Encaixe de Camariñas. A clasificación final pódese consultar en info64 e o álbum de fotos en Facebook  

Desde o club xadrez Arteixo e O Toque Xiria Carballo queren dar as grazas ao  concello de Camariñas polo seu patrocinio, ao club Náutico de Camariñas, ao Hotel O Parranda e Supermercados Claudio pola súa colaboración no campamento e no torneo.


© by Abertal