BANDO SAN XOAN 08/06/2021
BANDO SAN XOAN
DONA SANDRA INSUA RIAL, ALCALDESA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS (A CORUÑA).
FAI SABER:
Á VECIÑANZA que teña intención de facer fogueiras no San Xoán en espazos privados así como os LOCAIS DE HOSTELERÍA que desexen facer grelladas deberás facer unha comunicación previa no Concello
O prazo de presentación das solicitudes de autorización rematará ás 14 horas do 21 de xuño.
Deberán cumprirse as seguintes medidas:
- A normativa COVID e a de incendios.
- Na zona urbana non excederán os 3 metros de perímetro e 1 metro de alto.
- No rural non excederán os 6 metros de perímetro e 3 metros de alto.
- O lume farase sempre sobre unha grella
- Non se interromperá o habitual paso de peóns nas beirarrúas.
- Haberá xente sempre ao lado do lume. Haberá auga preto.
- Non se botarán ao lume pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, gases a presión ou similares. ·
- Unha vez rematada a fogueira ou a grellada, apagarase e deixarase todo limpo.
- As persoas responsables teñen que ser maiores de idade e facerse responsables dos arredores.
- Atenderase sempre as indicacións de P. Civil e Policía Local.
Se non se poden garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios o Concello de Camariñas poderá denegar a autorización.
A 8 de xuño de 2021.
A alcaldesa, Sandra Insua Rial
Descargas relacionadas