O Concello destina 125.000 euros para a pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto 02/06/2021
O Concello destina 125.000 euros para a pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto
- Os traballos, que actualmente están a licitación, inclúen o desbroce da vía, a demolición do pavimento existente en varios tramos e a execución dun novo.
- O prazo para presentar ofertas remata o 21 de xuño.
O Concello de Camariñas licita por 125.000 euros o proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto, financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
Os traballos permitirán mellorar o firme da rúa, que actualmente se atopa bastante deteriorado. As obras inclúen o desbroce da vía e a limpeza das marxes, a demolición do pavimento existente en varios tramos e, por último, a execución dun novo de aglomerado asfáltico e adoquín rústico de pedra granítica.
O prazo para presentar ofertas remata o 21 de xuño.