O Concello

Departamentos

* Camariñas contratará a 12 peóns para traballos de limpeza das súas praias 25/05/2021

Camariñas contratará a 12 peóns para traballos de limpeza das súas praias

  • O prazo para presentarse ao proceso estará aberto desde mañá, mércores 26 de maio, ata o venres, 4 de xuño.
  • Está subvencionado a través do programa da Deputación da Coruña para a limpeza de praias marítimas.
  • As instancias poderán entregarase de xeito presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal.  

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, martes 25 de maio, a convocatoria pola que o Concello de Camariñas pretende contratar a 12 peóns para realizar traballos de limpeza das súas praias durante a época de verán.  

Para participar no proceso, que está subvencionado a través do programa da Deputación da Coruña para a limpeza de praias marítimas, un dos requisitos é ter cumpridos os 16 anos de idade.  

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto desde mañá, mércores 26 de maio, e ata o venres, 4 de xuño. Os interesados ou interesadas en participar poderán presentar as súas instancias de xeito presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal na seguinte ligazón:

SEDE CONCELLO



© by Abertal