O Concello

Departamentos

* Rematadas as obras de renovación do camiño nos Mollados, en Xaviña 04/05/2021

Rematadas as obras de renovación do camiño nos Mollados, en Xaviña

·        A actuación tamén serviu para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona.  

O Concello de Camariñas rematou as obras para renovar o camiño na zona dos Mollados, na parroquia de Xaviña. A actuación, valorada en 50.076,55 euros, serviu para mellorar o firme e dotar de máis servizos á veciñanza.  

Os traballos incluiron o desbroce e limpeza das cunetas e o reasfaltado do camiño mediante aglomerado asfáltico. Previamente, procedeuse á instalación dunha rede de saneamento e outra paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.


© by Abertal