O Concello

Departamentos

* A praza da Insuela acollerá ata o mes de outubro unha exposición en homenaxe ao traballo das palilleiras 31/03/2021

A praza da Insuela acollerá ata o mes de outubro unha exposición en homenaxe ao traballo das palilleiras

  • Hoxe tivo lugar o acto inaugural da mostra, titulada ‘Palilleiras. Presente e futor’, formada polas fotografías dun proxecto da fotógrafa Ana García.
  • Sandra Insua destacou que "poucos homenaxes son tan merecidos como este xa que as palilleiras son o maior símbolo de Camariñas e en moitas partes do mundo coñécennos grazas á súa labor".
  • O director de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, explicou que "sempre estaremos ao lado do sector artesano e este é un dos máis destacados da comunidade"
  • Ana García declarou que "é imposible non enamorarse do encaixe de Camariñas e isto é unha homenaxe ao labor e o esforzo das palilleiras".
    Ademais, os espectadores poderán ver desde hoxe na II Mostra Virtual os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado. 
  • Ademais, os espectadores poderán ver desde hoxe na II Mostra Virtual os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado.  

Hoxe a praza da Insuela, fronte á casa consistorial do Concello de Camariñas, acolleu o acto inaugural da exposición ‘Palilleiras. Presente e futuro’ que permanecerá neste espazo ata o mes de outubro co obxectivo de render homenaxe ao traballo das palilleiras, unha tradición convertida en profesión que forma parte do patrimonio do municipio.  

Trátase dunha pequena homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras que, xeración tras xeración, fan do Encaixe de Camariñas unha arte única no mundo. As fotografías dos 22 tótems que se instalarán forman parte dun proxecto realizado en decembro de 2019 por Ana García, fotógrafa da Voz de Galicia.  

Un mércores como hoxe, se se celebrase a Mostra tradicional, tería lugar a inauguración oficial e no día de hoxe conmemorouse esta tradición co corte da cinta por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia; e a fotógrafa Ana García.  

Sandra Insua, explicou que “poucos homenaxes son tan merecidos como este xa que elas son o maior símbolo de Camariñas e en moitas partes do mundo coñécennos grazas á súa labor e esforzo creando arte a través do encaixe” e felicitou a Ana García “por permitirnos gozar desta fermosa exposición”.  

Manuel Heredia explicou que "sempre estaremos ao lado do sector artesán e este é un dos máis destacados da comunidade" e pola súa parte, Ana García, destacou que “é imposible non enamorarse do encaixe de Camariñas e isto é unha homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras".    

II Mostra Virtual  

Ata o domingo, 4 de abril, terá lugar a segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que presenta novidades con respecto ao ano pasado e nesta ocasión cambiará o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de Jovenes Deseñadores en diferentes enclaves turísticos do municipio.  

Desde hoxe, mércores 31 de marzo, os espectadores poderán ver os vídeos das coleccións do XXVII certame de Jóvenes Deseñadores. Moitos destes foron gravados por alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) en diferentes localizacións do municipio e con modelos locais como protagonistas. Tamén terán o seu propio espazo, entre outros, as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado.  

A clausura será o domingo e correrá a cargo da directora da Mostra, Dolores Lema, e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro. Ademais, tamén haberá espazo para a música xa que o Grupo Jaque quixo formar parte deste evento cunha versión propia da coñecida canción ‘Camariñas’.  

As plataformas de emisión da segunda edición da Mostra Virtual serán principalmente a páxina de Facebook da Mostra (@MostradoEncaixe) e tamén haberá contidos no Instagram (@Mostraencaixecamarinas) e na canle de Youtube (@Mostradoencaixe).  

Certame de Jovenes Deseñadores  

As 24 coleccións que participarán nesta II Mostra Virtual son: ‘Black Tide’, ‘Carrera de Indias’, ‘Daquela que cantan as pombas i as frores’, ‘Déjame encajar’, ‘Denantes mortas que escravas, ‘Enxebre i tradición’, ‘Enxebre II’, ‘Estímulos’, ‘Evol’, ‘Femme’, ‘Fossil’, ‘Honey, Bee Free’, ‘Leo’, ‘Matista’, ‘Passaris’, ‘Samantha’, ‘Sea Lung’, ‘Suspiros Flamencos’, ‘The Beautiful Brut’, ‘The Blue Horse’, ‘Tira y afloja’, ‘Un paseo sereno’, ‘Victoria’ y ‘Zeistmaschine’.


© by Abertal