O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 24 de marzo de 2021 e ata o 12 de abril de 2021, ambos os dous incluídos.
Ao igual que en cursos anteriores, a presentación das solicitudes farase preferiblemente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
A información relativa ó procedemento e que poderá ser consultada polas persoas solicitantes está publicada no apartado de Anuncios da páxina web: https://www.igualdadebenestar.org así como no portal de Política Social: https://sede.xunta.gal, https://politicasocial.xunta.gal
Do mesmo xeito, tamén poderase recoller as solicitudes na dirección da escola infantil Galiña Azul de Camariñas en horario de 08:30 horas a 10:30 horas, preferiblemente pedindo cita previa no 981 736 104 ou 665 134 012.