O Concello

Departamentos

* O punto de información e atención ao turista estará aberto durante todo o ano no Museo do Encaixe 21/03/2021

O punto de información e atención ao turista estará aberto durante todo o ano no Museo do Encaixe

  • Tomouse a decisión de cambiar o seu emprazamento da fachada marítima ao museo para poder ofrecer un mellor servizo aos visitantes.
  • A caseta trasladouse a Area da Vila e acondicionarase para mellorar o seu estado.
  • O goberno local está a traballar nun proxecto para ocupar o espazo da caseta na fachada marítima.

O punto de información e atención aos turistas do Concello de Camariñas trasládase ao Museo do Encaixe co obxectivo de que estea en funcionamento durante todo o ano, sempre que a situación sanitaria o permita, e non só durante uns poucos meses da época estival.

O goberno local tomou a decisión de cambiar o emprazamento orixinal deste servizo, que se prestaba nunha caseta na fachada marítima de Camariñas, para poder ofrecer un mellor e máis completo servizo aos visitantes.

Hoxe levouse a cabo o traslado da caseta á praia de Area da Vila, que se acondicionará para mellorar o seu estado e dotará a este espazo de máis servizos durante o verán. Por outra banda, o Concello xa está a traballar nun proxecto para ocupar o espazo da caseta na fachada marítima e que será presentando proximamente.

Apertura dos museos a finais de mes

Debido ás restricións sanitarias derivadas pola pandemia da COVID-19 o Concello decidiu manter cerrados os museos municipais, tanto o Museo do Encaixe como o Museo Man de Camelle, nas últimas semanas. Agora, debido á boa evolución da situación epidemiolóxica, está previsto que estes espazos volvan a abrir ao público a finais do mes de marzo.


© by Abertal