O Concello

Departamentos

* PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2021 21/03/2021

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2021

Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. 

Código do procedemento: PL500C Destinatarios / as:

  • Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras. 

Prazo de inscrición:
  • Do 18 de marzo ao 12 de abril de 2021 (inclusive)  

Datas de realización das probas:
  • Maio e/ou xuño 2021 sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas publicitaranse a través do DOG e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal

As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada
. As sedes e horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas 

Contía das taxas de exame: 16,59 €. 

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.  

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións: 
  • Preparalo pola vosa conta
  • Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio. 
  • A través dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210317/AnuncioG0598-090321-0003_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal 

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:9:00 – 14:00


© by Abertal