CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE 08/03/2021
CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE
A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 5 de marzo probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes:
- Comunicación en lingua galega
- Comunicación en lingua castelá
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
- Competencia matemática
As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo en lingua estranxeira (consultar na resolución do DOG)
Código do procedemento: TR306A
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de abril de 2021
RESOLUCIÓN DO DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210305/AnuncioG0599-010321-0001_gl.pdf INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00