O Concello

Departamentos

* O Concello retoma o programa "O Mar na Escola" nos centros educativos 08/03/2021

O Concello retoma o programa

  • Participará o alumnado de 5º e 6º de e seguirase o protocolo marcado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades.  

O Concello de Camariñas retomar o programa ‘O Mar na Escola’, no que participará o alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do Concello.  

Este programa de vela, iniciado no ano 2004 e que se veu desenvolvendo de xeito ininterrompido ao longo destes anos, tivo un parón obrigado no 2020 por mor da declaración do Estado de Alarma e reactívase agora tras comunicárselle aos centros o permiso pertinente desde a Inspección Educativa.  

Deste xeito todas as persoas anotadas de 5º e 6º de primaria van a participar nunha nova edición. Nesta semana empezarán coas sesións teóricas e na seguinte será a quenda das prácticas. En cada unha delas as normas que se van a seguir son as marcadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades no seu protocolo, no apartado de actividades complementarias.  

Desde o Concello queremos agradecer á Real Federación Galega de Vela as súas xestións e apoio para que os e as participantes estean perfectamente cubertos co seguro de accidentes pertinentes.


© by Abertal