O Concello

Departamentos

* Nos próximos días comezarán os traballos para a reurbanización total da rúa Insua, na Ponte do Porto 23/02/2021

Nos próximos días comezarán os traballos para a reurbanización total da rúa Insua, na Ponte do Porto

  • Hoxe tivo lugar a formalización da acta de replanteo, paso previo ao inicio da obra.
  • A actuación, valorada en 41.000 euros, servirá para pavimentar a zona, renovar e ampliar a rede de saneamento e instalar unha paralela de pluviais.  
O Concello de Camariñas iniciará proximamente o proxecto para a reubanización da rúa Insua, na parroquia da Ponte do Porto, trala formalización hoxe da acta de replanteo, paso previo ao inicio dos traballos. A actuación, valorada en  41.720,57 euros, servirá para pavimentar a vía e dotar de máis servizos á veciñanza.  

Esta obra inclúe a demolición do actual firme e a aplicación dun novo pavimento de formigón armado, con acabado superficial pulido. No tramo final estenderase unha capa de zahorra artificial. Previamente, substituirase e ampliarase a rede de saneamento existente e instalarase unha rede paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.  

O tempo de execución dos traballos é de dous meses desde o inicio das obras.


© by Abertal