PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS 12/02/2021
PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Código do procedemento: ED540A
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Prazos de matrícula:
-
Convocatoria de maio: do 8 ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos-
- Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Resolución do DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210212/AnuncioG0598-040221-0002_gl.pdf OU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00