PORTAL CIDADÁN
Espazo de mindfulness 10/02/2021
Espazo de mindfulness
- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia levará a cabo o 'Espazo de mindfulness e compaixón', promovido dentro do Espazo de Autocoidado, co obxectivo de compartir, aprender e sentirse en conexión cun mesmo/a.
- O programa desenvolverase vía online a través da plataforma Zoom e estará aberto a calquera persoa que desexe inscribirse.
- A duración será de 8 semanas de práctica de mindfulness e compaixón, nas que se levarán a cabo sesións os sábados de 11.00 a 12:30 horas, dende o 20 de febreiro ata o 17 de abril.
- Queres inscribirte no programa ou nalgunha das súas sesións? Elixe a opción que mellor se adapte a ti e envía a ficha de inscrición que aparece recollida no programa a copgalicia@copgalicia.gal.
- Poderás inscribirte ata dous días antes de cada sesión.
Descargas relacionadas