O Concello

Departamentos

* Ofertas de emprego - "SEAGA" 07/10/2011

Ofertas de emprego -

Esta semana a empresa SEAGA abríu o prazo para as ofertas de emprego para os traballos de incendios do ano que ven.

Todos aqueles veciños que estiveran anotados o ano pasado poderán comprobar por internet na páxina www.epseaga.com a súa situación e mirar de actualizar os méritos.

Tamén aqueles veciños que non estiveran anotados o ano pasado poden apuntarse ás novas incorporacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, capataz, xefe de brigada, peón especialista, peón, emisorista, oficial administrativo e auxiliar administrativo.

O prazo remata o 31 de outubro e hai que presentar a documentación na propia oficina de SEAGA en Santiago ou por correo certificado.

Dende a Axencia de Desenvolvemento Local poñemos os medios necesarios para poder axudarvos a preparar toda a documentación.

As persoas interesadas poden pasar pola Casa de Pedra e preguntar por Sergio Caamaño ou pola orientadora laboral.

Descargas relacionadas


© by Abertal