O Concello

Departamentos

* Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación 28/01/2021

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de xaneiro unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. 

  • Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición 
  • Número de prazas: 180 
  • Duración: 12 semanas (190 horas lectivas) 
  • Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT 
  • Datas de realización: do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021  


Inscrición: na páxina web de CeMIT https://cemit.xunta.gal Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Prazo:
 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG. 

Taxa:
 As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10,63 euros correspondentes aos dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do DOG:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG0177-210121-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN: https://cemit.xunta.gal 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CONCELLO DE CAMARIÑAS 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net


© by Abertal