PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS ÁS PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS DO PEL-REACTIVA DE CAMARIÑAS 2020 27/01/2021
PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS ÁS PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS DO PEL-REACTIVA DE CAMARIÑAS 2020
DATA DE PUBLICACIÓN NO BOP: 27/01/2021
- Enlace: https://bit.ly/3qUUtf8
SUBVENCIÓNS PROVISIONAIS CONCEDIDAS
- As 56 subvencións propostas pertencen ao Grupo I, quedando 5 solicitudes dese grupo sen axuda, por orde de presentación, debido á falta de presuposto.
- Coa publicación no BOP, queda notificada a resolución provisional das axudas: subvencións concedidas provisionalmente, excluídas e solicitudes que non percibirían a axuda.
- Ábrese un prazo ata o día 10 de febreiro para que as persoas beneficiarias poidan comunicar, se é o caso, a renuncia da solicitude, as alegacións ou emendas de erros. Despois de este prazo, emitirase a resolución definitiva.
REQUISITOS PARA PERCIBIR A AXUDA:- Seguir de alta ata o 31 de marzo de 2021, por conta propia ou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, ou ter rexistrada a empresa, mantendo a mesma forma xurídica anterior ao Estado de Alarma.
- Non ter débedas, a 31 de marzo de 2021, coa AEAT, a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas.
- Facer publicidade do financiamento polo Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña, na forma que se indicará na concesión definitiva das axudas.
GASTOS SUBVENCIONABLES:- Realizados desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020
- Material desinfectante e de limpeza, seguros, subministros (auga, luz, electricidade, combustible,... ), mamparas, arrendamentos de locais, vehículos e maquinaria, ...
- Contas do plan xeral contable: 601, 621, 622, 625, 628
XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS:O procedemento de xustificación de estas axudas será publicado proximamente na web municipal xunto coa concesión definitiva das axudas www.camarinas.net
Máis información: 981 73 60 00, Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas
Descargas relacionadas