O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS 22/01/2021

LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 14 de xaneiro de 2021 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario.  

Categorías: 

  • Enfermeiro/a
  • Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  • Técnico en coidados auxiliares de enfermería 
As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano.  

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación. 


RESOLUCIÓN DO DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210121/AnuncioG0003-150121-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00


© by Abertal