O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 18/01/2021

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e Igualdade publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 14 de xaneiro de 2021 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento TR305A

Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:  

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
- Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
- Operacións De vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2
- Vixilancia e seguridade privada SEA029_2 unidades de competencia:
. UC0080_2 Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.
. UC0081_2 Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.
- Servizos para o control de pragas SEA028_2. Nesta cualificación profesional non se admitirán novas solicitudes nesta convocatoria.

Requisitos:
 

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.      
  • Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  • Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
  • Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: Do 15 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2021 (inclusive)

ENLACE Á ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0599-281220-0002_gl.pdf INFORMACIÓN

DA CONVOCATORIA:
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html 

SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR305A

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CONCELLO DE CAMARIÑAS
981736000 / 653260746  
 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00     


© by Abertal