DEPUTACIÓN DA CORUÑA - CURSOS DE SOCORRISMO 2021 15/01/2021
DEPUTACIÓN DA CORUÑA - CURSOS DE SOCORRISMO 2021
- ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
- SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
Gratuítos, cunha bolsa de
8 euros diarios. É
obrigatorio asistir aos dous cursos para obter a titulación. Máximo
6 persoas candidatas de Camariñas, por orde de inscrición no rexistro do Concello de Camariñas.
Prazo de inscrición: - Do 19 de xaneiro ao 3 de febreiro, ás 14:00 horas.
Calendario previsto: - Horario: 5 horas diarias de luns a venres, a elixir mañá ou tarde.
- Duración: 645 horas, uns 7 meses.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais: de mediados de febreiro a xuño, practicas laborais no verán.
- Socorrismo e instalacións acuáticas: dous meses, comezando en setembro.
Lugar de impartición: Centro de Formación da Cruz Vermella na Coruña
Requisitos das persoas candidatas, no momento da inscrición:
- Estar inscritas na Oficina de Emprego.
- Ter cumpridos os 18 anos de idade.
- Ter o empadroamento en Camariñas.
- Posuír os títulos ou certificados para realizar a formación do certificado de nivel 2.
- Carecer de afeccións crónicas e enfermidades infecto-contaxiosas.
- Integridade física e destrezas para o posto de socorrista.
Probas:
As persoas candidatas terán que superar unha entrevista persoal e unha proba de natación.
Documentación
- Formulario de candidatura
- Certificado médico ou informe de saúde, emitido por facultativo dentro do prazo, que informe da capacidade físico-psíquica para o desempeño dun posto de traballo na actividade de salvamento e socorrismo acuático.
- DNI ou NIE.
- Certificado do SEPE da situación de desemprego.
- Certificado ou Volante de empadroamento.
- Informe de Vida Laboral actualizado ou Certificado negativo de alta no sistema de seguridade social.
- Acreditación do nivel académico que permita o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2.
Información:
No teléfono 981 73 60 00
Accede aos requisitos, folla de inscrición e documentación en
https://bit.ly/2XRjafY
Descargas relacionadas