Reunión coa Consellería de Sanidade 14/01/2021
Reunión coa Consellería de Sanidade
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, participou hoxe nunha reunión telemática coa Consellería de Sanidade na que participaron os concellos da provincia que están no nivel de alerta máximo debido á súa situación epidemiolóxica.
Na reunión explicouse que:
- En Camariñas hai 74 casos positivos e unha incidencia acumulada de 1404, que multiplica por 6 o máximo permitido.
- Desde a Consellería explicaron que, debido a estes datos, a situación é mala e Camariñas contará con restricións durante bastante tempo para poder estabilizar esa incidencia.
- Entre outras cousas pídese que nos hospitais só unha persoa, sempre a misma e só se é imprescindible, visite ao ingresado ou ingresada.
- Aconséllase o peche dos mercados.
- Faise especial fincapé nas reunións familiares como un dos principais focos polo que se recomenda que estas se restrinxan a conviventes.