O Concello

Departamentos

* Acondicionamento do cruce do Pedrouzo para mellorar a seguridade viaria 12/01/2021

Acondicionamento do cruce do Pedrouzo para mellorar a seguridade viaria

  • Habilitouse unha zona ao carón da marquesiña, que foi pintada, para que o bus escolar faga as súas paradas e para o aparcamento.  

O Concello de Camariñas ven de rematar os traballos de acondicionamento do cruce do Pedrouzo, unha actuación realizada polos operarios municipais para mellorar a seguridade viaria na zona.  

As obras incluíron a habilitación dunha zona ao carón da marquesiña, que foi pintada, para que o bus escolar poda facer as súas paradas fora da vía mellorando así a seguridade dos nenos e nenas. Ademais, este novo espazo creado tamén servirá para que a veciñanza poida aparcar ao carón da parada do bus, evitando así os estacionamentos indebidos.  

Por outra banda, o Concello de Camariñas solicitou hai tempo unha marquesiña á Xunta para Camelle. Este equipamento foille concedido pero aínda non se recibiu e que desde o goberno local seguirase insistindo para que se instale o antes posible.


© by Abertal