O Concello

Departamentos

* Un total de 66 negocios participan na campaña de Nadal para incentivar o consumo en comercio e hostalaría 15/12/2020

Un total de 66 negocios participan na campaña de Nadal para incentivar o consumo en comercio e hostalaría

  • Nas redes sociais municipais publícanse diariamente as imaxes ou vídeos tomadas aos produtos dos establecementos adheridos.  

Foron un total de 66 os negocios de todas as parroquias do municipio que se sumaron á campaña de Nadal ‘Merca en Camariñas, consume no teu Concello’ impulsada polo Concello de Camariñas co obxectivo de dinamizar e comercio e a hostalaría local e incentivar o consumo nunhas datas tan sinaladas.  

Desde onte, luns 14 de decembro, e ata o 4 de xaneiro publicaranse nas redes sociais do Concello de Camariñas (Facebook, Twitter e Instagram) diariamente as imaxes ou vídeos que se tomaron dos produtos estrela que quixo promocionar cada comerciante ou hostaleiro xunto ao nome do comercio e o seu contacto (sen prezos).  

O obxectivo é dar visibilidade ao tecido comercial e hostaleiro local para apoialos ante as consecuencias da COVID-19 e incentivar as compras da cidadanía.


© by Abertal