O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas acende o Nadal en todas as parroquias 07/12/2020

O Concello de Camariñas acende o Nadal en todas as parroquias

  • Sandra Insua destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión”.  

A alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, levou a cabo hoxe o acendido da iluminación de Nadal, que chegará outro ano máis a todas as parroquias do municipio.  

No acto a rexedora destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión” e “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles” e lembrou que “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles”.  

Instaláronse elementos decorativos tanto nas rúas como nas prazas e nos diferentes espazos públicos de todo o municipio.


© by Abertal