Actualización da situación sanitaria no Concello de Camariñas.
Actualmente, segundo información proporcionada polos responsables médicos, hai 12 casos activos confirmados de COVID19.
Desde o Concello de Camariñas pedimos tranquilidade á veciñanza e rogamos que se extremen as precaucións. Calquera persoa que necesite información ou atención pode chamar ao Concello, á Casa de Pedra ou aos teléfonos dos membros do goberno local.
A alcaldesa, Sandra Insua, decidiu retomar a comisión #COVID, que se convocará para o próximo luns, 2 de novembro, ás 10 horas.
#ConcellodeCamariñas