O Concello

Departamentos

* O Museo MAN estrea a exposición a favor da Fundación Vicente Ferrer "De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo" 29/09/2020

O Museo MAN estrea a exposición a favor da Fundación Vicente Ferrer

  • Esta mañá presentouse o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.
  O Museo MAN acolleu esta mañá a inauguración dunha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.  

En febreiro de 2020, oito artistas representantes de ‘Mata Sombras’ (‘Mate Ombres orixinariamente) viaxaron dende distintos puntos das Illas Baleares viaxaron á India xunto ao comisario Antoni Torres Martorell. Esta experiencia vital deixou unha impronta inesquecible na súa traxectoria. Como resultado, a exposición amosa a conxunción entre a individualidade do artista e a unión como colectivo. ‘Mata Sombras’ é unha auténtica oportunidade de sensibilización para unha cidadanía reflexiva, crítica e de promoción da arte como unha ferramenta de trasformación a favor dun mundo máis xusto.  

Nun sentido figurado, os artistas, todos eles das Illas Baleares, conseguen a través das súas creacións ‘matar as sombras’. Este é o pequeno milagre da transformación social: erradicar a oscuridade coa luz e as cores. Albert Pinya, Amparo Sard, Cristina Torbellina, Doralice Souza, Pep Guerrero, Rif Sphani, Tomeu Coll e Zulema Bagur reflicten esta visión humanista coa que a Fundación Vicente Ferrer afronta o sufrimento e a pobreza desde fai máis de cincuenta anos.  

As pinturas e as fotografías incluídas na exposición fanse eco dunha mensaxe universal: a transformación social conséguese con valores como a educación, a cooperación ou a inserción, para conseguir unha vida máis xusta e digna naqueles sectores máis vulnerables.    

A exposición, itinerante, chega a Camariñas como o punto final nunha longa andaina, que comezou en Baleares e que tivo como puntos de encontro tamén a comarca valenciana da Mariña Alta. Poderá visitarse ata o 25 de outubro, e será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.  

A Fundación Vicente Ferrer é unha Organización Non Gubernamental de desenvolvemento comprometida dende hai máis de 50 anos co proceso de transformación de zonas rurais do sur da India. Apoia a comunidades empobrecidas e a grupos especialmente vulnerables: mulleres e persoas con discapacidade. Aplica os seus programas en 3.669 pobos e apoia a preto de 3 millóns de persoas. O modelo de desenvolvemento da FVF na India coincide co conxunto de propostas globais da ONU para acadar os ODS 2030.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou a ‘relevancia de acoller en Camariñas unha exposición como esta, coa solidaridade como elemento vehicular. Quero agradecer á Fundación Vicente Ferrer, desde este enclave, a súa labor a favor da nosa comunidade, e o esforzo inconmensurable que fan polas clases máis desfavorecidas. É indispensable a existencia de organizacións coma esta, e en Camariñas terán sempre os brazos abertos para recibilos’, sinalou.  

Pola súa banda, o comisario da exposición, Antoni Torres, sinalou que ‘creemos que es importante venir para enseñar el trabajo que hacemos en la India, y a su vez también es importante que la gente conozca el arte contemporáneo. Es muy importante para Camelle tener un museo como el de MAN, que pueda tener un espacio para contemplar sus obras porque fue un hombre adelantado a su tiempo. Vale la pena venir y conocer este rinconcito de Costa da Morte. Estamos encantados de venir a Camariñas, porque yo conocí al municipio cuando ocurrió la tragedia del Prestige y es tremendamente bonito contemplar su esplendor en estos momentos. Estamos muy contentos de estar aquí’, finalizó.


© by Abertal